Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51388

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de outubro de 2017 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17, convocados pola Orde do 23 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xuño).

A Orde do 23 de maio de 2017 (DOG do 7 de xuño) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2016/17, establece no seu artigo 13.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administacións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17

Sol.

Apelidos e nome

Cód. C.

Centro de estudos

Importe

21880

Aguirre Álvarez, Ismael

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

750 €

22642

Alcalde López, Tomás

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

23399

Álvarez Costas, Claudia

36016681

IES Carlos Casares

750 €

22609

Apolinar Rodríguez, Fernando

32008410

CPR Plurilingüe Santo Ángel

750 €

23300

Araújo Castelo, Rosa do Carme

36006729

IES Valle-Inclán

750 €

22591

Bas Fernández, Juan

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

750 €

21877

Calvo García, Alejandra

15015861

IES Eduardo Pondal

750 €

22792

Freire Vázquez, Ada

36006729

IES Valle-Inclán

750 €

23584

Gálvez Marque, María

15004125

CPR Eirís

750 €

21575

Lamela Gómez, Manuel Francisco

27013314

IES Santiago Basanta Silva

750 €

22649

López Sánchez, Alejandra

27006231

CPR Plurilingüe Divina Pastora

750 €

22683

Padrón Tardáguila, Mario

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

23280

Polo Noche, Javier

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

750 €

23080

Portela Couñago, Laura

36016656

IES Pedro Floriani

750 €

22720

Rodríguez González, Yolanda

36012471

IES Castro Alobre

750 €

22700

Rojas Novoa, Andrea

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

750 €

22892

Santos Ulloa, Sofía

27006531

IES Lucus Augusti

750 €

22802

Serra Serrano, Miguel

15005211

IES Salvador de Madariaga

750 €

22894

Tato Lage, Roberto

36007527

CPR Plurilingüe La Inmaculada

750 €

21783

Vázquez García, Andrés

27003151

IES Lama das Quendas

750 €