Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (370/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 370/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Manuel Formoso Senande contra Servipertu, S.L.U., Amil Lago Servicios Generales, S.L. Fuertes Servicios, Limco Sociedad Cooperativa Gallega, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Reforzo:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 370/2015

Demandante: Domingo Manuel Formoso Senande

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Servipertu S.L., Amil Lago Servicios Generales, S.L. (Fortes Servizos), Limco Sociedad Cooperativa Gallega, S.L.

Sentenza 504/17.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

Resolvo:

1º. Tense por desistido o demandante da súa demanda fronte a Servipertu, S.L.

2º. Estimo a demanda formulada por Domingo Manuel Formoso Senande fronte a Amil Lagos Servicios Generales, S.L. e fronte a Limco S. Cooperativa Gallega e, en consecuencia, condeno estes a aboar ao primeiro a suma de 14.918,30 en concepto de diferenzas salariais así como o interese do artigo 29.3 do ET.

3º. O Fogasa deberá aterse ao resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amil Lago Servizos Xerais, S.L. e Limco Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza