Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (385/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 385/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Trigo Lema contra Servicios de Transportes R. Canosa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 385/2015

Demandante: Manuel Trigo Lema

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Servicios de Transportes R. Canosa, S.L. e o Fogasa

Sentenza 502/2017.

A Coruña, 2 de outubro de 2017.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Manuel Trigo Lema fronte a Servicios de Transporte R. Canosa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 1.393,92 euros polos conceptos antes referidos, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Transportes R. Canosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza