Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (293/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 293/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Ares Viqueira contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 293/2015.

Demandante: Javier Ares Viqueira.

Letrado: Sr. Novo Pinilla.

Demandada: Transportes Logísticos Pocomaco, S.L.

Letrado: Fogasa.

Sentenza 503/2017.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por Javier Ares Viqueira contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 2.075,73 euros máis o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza