Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (399/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 399/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Croquez Vázquez contra o Fondo de Garantía Salarial, Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Xulgado do Social número 3 Reforzo.

A Coruña.

Sentenza: 548/2017.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade nº 399/2015.

Demandante: José Croquez Vázquez.

Letrada: Sra. Palla Maceiras.

Demandado: Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L.

Fogasa.

Sentenza nº 548/2017.

A Coruña, 9 de outubro de 2017.

Decido estimar a demanda formulada por José Croques Vázquez contra Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 6.845,79 euros líquidos máis o xuro do artigo 29.3 Estatuto dos traballadores.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos días seguintes á notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza