Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (236/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 236/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundacion Laboral de la Construcción contra Interesteel Solutions, S.L.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 236/2015

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Letrado: Sr. Caseiro Gómez

Demandada: Interesteel Solutions, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza 546/2017.

A Coruña, 9 de outubro de 2017.

Decido.

Estimo a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte a Interesteel Solutions, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a suma de 248,57 euros polos conceptos antes referidos.

O Fogasa deberá aterse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Interesteel Solutions, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza