Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1060/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1060/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra Moldegal, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre Seguridade Social, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Moldelgal, S.L., debo condenar e condeno á empresa Moldegal, S.L., a que reintegre á Mutua a cantidade de 1.378,55 € en concepto de asistencia sanitaria, prestacións de incapacidade temporal, e gastos de desprazamento, derivada do proceso de incapacidade temporal e asistencias aboadas por esta a José Lorenzo Abelenda e Evaristo Díaz Vilariño, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 1.273,67 €, por concepto de asistencia sanitaria e pagamento directo de incapacidade temporal.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínaa a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Moldegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza