Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (161/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 161/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Joaquín Canay Vázquez contra a empresa Global de Rehabilitaciones, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza

A Coruña, 3 de xullo de 2017

Vistos por Mª de los Dolores Vilar Hortas, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos rexistrados co número 161/2015, promovidos por instancia de Joaquín Canay Vázquez, representado e asistido polo letrado Federico Novo Pinilla, contra a mercantil Global de Rehabilitaciones, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en forma, despois de citar o Fogasa, que tampouco compareceu, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 12 de febreiro de 2015 repartiuse a este xulgado demanda promovida pola parte identificada no encabezamento, en exercicio de acción de reclamación de cantidade contra a referida demandada, a cal, logo dos feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben consignar, remataba solicitando: “dítese sentenza pola cal, con estimación da demanda, se condenen solidariamente as empresas demandadas ao pagamento da liquidación dos haberes pendentes polo importe de 7.583,75 euros, incrementados co 10 % do xuro de mora”.

Segundo. Mediante Decreto do 24 de febreiro de 2017 admitiuse a trámite a demanda e sinalouse día e hora para a realización dos actos de conciliación e xuízo, se é o caso, e acordouse a citación das partes e o Fogasa.

Terceiro. No día fixado compareceu a parte demandante, a demandada non o verificou nin o Fogasa, malia ser legalmente citados. Unha vez declarado aberto o acto, a parte demandante afirmouse e ratificouse na súa demanda, interesouse polo recibimento de proba e propuxo como tal o interrogatorio da demandada e, ante a súa non comparecencia, déase por confesa, por reproducida a documental xa achegada e mais a documental que presentou no acto. A proba solicitada foi admitida, sen prexuízo da súa valoración. Xa cumprido o trámite de conclusións, quedaron os autos á vista para ditar a correspondente sentenza.

Cuarto. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais esenciais.

Resolución:

Considerar integramente a demanda promovida por Joaquín Canay Vázquez contra a mercantil Global de Rehabilitaciones, S.L. e, en consecuencia, condenar a referida entidade a aboarlle á demandante a cantidade de 7.583,75 €, incrementada nun 10 % en concepto de xuros de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Global de Rehabilitaciones, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza