Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 147/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 147/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Seijas Piñeiro contra Héctor José Carballo López e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Iván Seijas Piñeiro, representado polo letrado Sr. Álvarez Flores, contra Héctor José Carballo López, que non compareceu, malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 5 de xaneiro de 2017.

Condeno ao empresario demandado a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente resolución, opte, comunicándollo a este xulgado por escrito ou mediante comparecencia, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 5 de xaneiro de 2017 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 43,45 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 4.660,01 euros. De non optar o empresario en tempo e forma pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

As cantidades a cuxo aboamento foi condenada a empresa serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que lle son propios.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación a resolver pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza. Ao anunciar o recurso deberá acompañarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322 0000 65 0147 17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322 0000 60 0147 17, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza