Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50615

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (501/2012).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal número 501/2012, seguido por instancia de Escayolas Galuso, S.L. fronte a José Julio Regueira Sánchez, se ditou sentenza do 15 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza.

Ourense, 15 de novembro de 2012.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal número 501/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Escayolas Galuso, S.L., representada pola procuradora Sra. Ogando Vázquez, asistida polo letrado Sr. Lois Bastida, contra José Julio Regueira Sánchez, en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito…

Seguen fundamentos xurídicos…

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo.

Que estimando a demanda formulada pola representación da entidade Escayolas Galuso, S.L. contra José Julio Regueira Sánchez, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a suma de tres mil oitocentos corenta e un euros e setenta e catro céntimos, máis os xuros devindicados por esa cantidade, computados conforme a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Impóñenselle expresamente as custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, José Julio Regueira Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 26 de novembro de 2012.

A secretaria xudicial