Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50617

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (324/2016).

Procedemento ordinario 324/2016

Sobre: reclamación de cantidade

Demandante: Distribuciones Varpen, S.L.

Procurador: José Paz Montero

Avogado: Juan Diéguez Guerrero

Demandado: Grupo Omote, S.L.

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón ditou sentenza en data 29 de setembro de 2017 nos autos de xuízo ordinario número 324/2016, promovidos por Distribuciones Varpen, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Paz Montero e asistida polo letrado Juan Diéguez Guerrero, contra Grupo Omote, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio do presente notifícase a Grupo Omote, S.L., en paradoiro descoñecido, a quen así mesmo se lle fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza