Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2017/92-2, 8566 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: reforma CT Fabeiro 27C313.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. Substitución do transformador actual por un novo transformador de idéntica potencia 400 kVA e relación de transformación 20.000/400 V.

2. Desmontaxe das celas de media tensión convencionais existentes e instalación de novo bloque de celas compactas (2L+1P), composto por dúas celas de liña e unha cela de protección, que constarán de illamento en hexafluoruro de xofre (SF6). As celas de liña empregaranse para a entrada ao CT da liña de media tensión existente MOF805 (Peares 5) e para a saída do dito CT da liña MOF806 (Circunvalación Norte 6). Esta última cela será telecontrolada mediante o sistema GPRS.

3. Instalación de novos pararraios autoválvulas á chegada da liña de media tensión existente MOF805 (Peares 5), na fachada posterior do CT existente Fabeiro (27C313); a partir das ditas autoválvulas proxéctase condutor tipo RHZ1-20L con illamento de polietileno reticulado tipo XLPE, encostado á parede interior do CT, para efectuar entrada na cela de liña correspondente á posición MOF805.

4. Instalación de novos condutores para a conexión entre as celas de media tensión proxectadas e o transformador proxectado.

5. Substitución do cadro de baixa tensión existente por un novo cadro tipo AC4-1600.

6. Acondicionamento do edificio non prefabricado de obra civil existente: cambio de cristais rotos en vidreiras existentes, limpeza do tellado e selado do pasamuros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo