Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2017/555-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma y cambio de situación del CT As Ermidas.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 40 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/20 na LMT derivación das Ermidas-1 e final no centro de transformación das Ermidas, na súa nova situación. Centro de transformación en caseta prefabricada, a 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado en Freixendo, As Ermidas (S. Lourenzo) Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra