Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2017/554-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma e ampliación de potencia do CT Cabreira-A.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: reforma e ampliación de potencia a 100 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, do centro de transformación Cabreira-A, situado no lugar do San Roque, Cabreira, Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra