Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización SAUR 4.

O Pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2017, acordou aprobar definitivamente o expediente 38/2014.PSEC do Plan de sectorización do ámbito SAUR-4, en Pastoriza, segundo proxecto asinado polo arquitecto municipal Enrique Roel Estrada en data xuño de 2017, levantouse a suspensión do outorgamento de licenzas acordada mediante a Resolución da Alcaldía número 1906/2017, do 5 de xullo de 2017 e entenderonse resoltas as alegacións presentadas de acordo coa Resolución da Alcaldía número 986/2017, do 6 de abril de 2017, mediante a que se aprobou provisionalmente o expediente.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste plan de sectorización, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

O contido íntegro do Plan de sectorización pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: http://www.arteixo.org/gl/noticia/plan-de-sectorizacion

Arteixo, 27 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente