Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49954

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da desistencia na tramitación do expediente 1/2014.PMP.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 29.6.2017, acordou desistir na tramitación do expediente nº 1/2014.PMP, de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a apertura da avenida Baldomero González no seu encontro coa travesía de Arteixo, e dispuxo o arquivamento deste.

O que se publica para xeral coñecemento ao tratarse dun expediente relativo a un instrumento de planeamento xeral.

Arteixo, 26 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente