Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49953

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias (expediente 22/2016.PMP).

O Pleno da corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29.6.2017, acordou aprobar inicialmente o expediente número 22/2016.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias para a apertura da avenida Baldomero González no seu encontro coa travesía de Arteixo no ámbito da UA 62, segundo o proxecto redactado por Fernando Pousada García, S.L.P., asinado en data maio de 2017.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito delimitado polas parcelas catastrais 0147519NH4904N0001PG (2.676 m²) e 0147521NH490N0000MF, 01475116NH4904N0001YG, 0147522NH4904N0000OF e 0147520NH4904N0001GG (1.856 m²).

En virtude do disposto polo artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo artigo 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1, Arteixo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o consideran oportuno.

O contido íntegro da modificación puntual pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: http://www.arteixo.org/gl/noticia/modificacion-puntual-das-nnss-para-apertura-da-avda-baldomero-gonzalez.

Arteixo, 26 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente