Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de acordo de suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación de gasolineiras, estacións de servizo ou instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos.

O Pleno da Corporación na súa sesión ordinaria do 28 de setembro de 2017 adoptou o seguinte acordo:

«Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación de gasolineiras, estacións de servizo ou instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos en todo o termo municipal de Cambre durante o prazo dun ano co obxecto de estudar a modificación das normas subsidiarias de planeamento no cal á ubicación das ditas instalacións e actividades se refire, de conformidade co artigo 47.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia».

O prazo dun ano de suspensión contarase a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente desta suspensión poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais da Área de Urbanismo sitas na casa do concello de Cambre.

O que se fai público para xeral coñecemento e informa que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde a publicación do presente acordo, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 30/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cambre, 17 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente