Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49877

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (157/2016).

Eu, Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, fago saber que nos autos arriba indicados se ditou sentenza de data 13 de marzo de 2017, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que considerando integramente a demanda interposta pola procuradora María Gloria Sánchez Yzquierdo, actuando en nome e representación da mercantil BBVA Renting, S.A. contra a entidade Bullvending, S.L. e Emilio Manuel Alen González, declarados en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboarlle á demandante a cantidade de 10.961,65 €. A dita contía devindicará o xuro de mora pactado desde o 21 de xaneiro de 2016.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interporase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense e do seu partido».

E para que lle sirva de notificación da sentenza a Emilio Manuel Alen González e Bullvending, S.L., expido o presente edicto.

Ourense, 21 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza