Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49876

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de outubro de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado pola Orde do 15 de febreiro de 2017.

Mediante a Orde do 15 de febreiro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 41, do 28 de febreiro de 2017, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo de secretario/a delegado/a territorial, co código de posto PR.C99.00.000.27001.001, de conformidade co disposto no punto sexto da citada Orde do 15 de febreiro de 2017.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza