Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49874

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e una vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 1 de abril de 2016.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de Universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial del máster universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo. Esta titulación pasará a impartirse exclusivamente na modalidade virtual.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria
RUCT: 4311763

Rama de coñecemento: Ciencias Xurídicas e Sociais.

Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: virtual.

Cadro 1. Resumo de materias e distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

6

Traballo de fin de máster

24

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

Materia

Carácter

Créditos

ECTS

Módulo

Economía Pública Internacional

Obrigatoria

3

Fiscalidade internacional

Principios Fundamentais e Marco Xurídico da Fiscalidade Internacional

Obrigatoria

3

Convenios de Dobre Imposición Internacional

Obrigatoria

3

Tributación dos non Residentes

Obrigatoria

3

O Principio de non Discriminación Fiscal e as Liberdades Comunitarias de Circulación (I)

Obrigatoria

3

Fiscalidade comunitaria

O Principio de non Discriminación Fiscal e as Liberdades Comunitarias de Circulación (II)

Obrigatoria

3

Harmonización Fiscal Comunitaria: Fiscalidade Directa

Obrigatoria

3

Harmonización Fiscal Comunitaria: Fiscalidade Indirecta

Obrigatoria

3

Facendas Territoriais e Dereito Comunitario

Obrigatoria

3

Seminarios Sobre Fiscalidade Internacional e Comunitaria

Obrigatoria

3

Módulo seminarios

Institucións, Dereito e Principios Xurídicos da Unión Europea

Optativa

3

Módulo optativo

Técnicas de Investigación e Argumentación Xurídica

Optativa

3

Facenda Pública da Unión Europea

Optativa

3

Procedementos ante o Tribunal de Xustiza Das Comunidades Europeas

Optativa

3

Traballo de fin de máster

Obrigatoria

24

Fin de máster