Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49870

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Investigación Química e Química Industrial.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 7 de abril de 2017.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Investigación Química e Química Industrial pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela
e a Universidade de Vigo
Código RUCT: 4314854

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

15

Optativas

27

Traballo de fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Selección e Validación de Metodoloxías Analíticas

Obrigatoria

3

Formación obrigatoria química avanzada

Técnicas de Caracterización de Materiais e Biointerfases

Obrigatoria

3

Determinación Estrutural Avanzada

Obrigatoria

3

Procesos Industriais e Sustentabilidade

Obrigatoria

3

Actividades Formativas Titorizadas

Obrigatoria

3

Modelización Molecular

Optativa

3

Especialidade: estrutura e reactividade química

Química Supramolecular

Optativa

3

Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica

Optativa

3

Mecanismos de Reacción e Catálise

Optativa

3

Síntese Estereoselectiva

Optativa

3

Especialidade: química sintética

Química de Coordinación Aplicada

Optativa

3

Química Organometálica

Optativa

3

Aplicacións Sintéticas dos Compostos Organométálicos

Optativa

3

Estrutura e Reactividade dos Compostos Orgánicos

Optativa

3

Química de Biomoléculas

Optativa

3

Especialidade: química biolóxica

Química Médica

Optativa

3

Bioloxía Molecular

Optativa

3

Química de Produtos Naturais

Optativa

3

Metais en Sistemas Biolóxicos

Optativa

3

Propiedades de Materiais

Optativa

3

Especialidade: nanoquímica e novos materiais

Materiais Moleculares

Optativa

3

Preparación de Nanomateriais

Optativa

3

Técnicas Avanzadas de Caracterización de Materiais

Optativa

3

Desafíos e Perspectivas en Química do Estado Sólido

Optativa

3

Técnicas de Preparación da Mostra

Optativa

3

Especialidade: técnicas analíticas avanzadas

Técnicas Atómicas Avanzadas e Sensores

Optativa

3

Espectrometría de Masas Analítica de Compostos Orgánicos

Optativa

3

Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación

Optativa

3

Química Industrial: Control de Procesos

Optativa

3

Especialidade: química e economía industrial

Calidade nos Laboratorios Químicos

Optativa

3

Seguridade Industrial

Optativa

3

Sistemas de Xestión na Industria Química

Optativa

3

Lexislación Industrial

Optativa

3

Economía e Empresa

Optativa

3

Recursos Humanos

Optativa

3

Prácticas académicas

Optativa

12

Iniciación á investigación

Xestión de proxectos

Optativa

3

Iniciación á práctica profesional

Prácticas profesionais

Optativa

6

Traballo de fin de máster

Obrigatora

18

Traballo de fin de máster

Este máster pode cursarse seguindo dúas orientacións:

Orientación investigadora.

Para seguir esta orientación o alumno deberá cursar 15 créditos OP dos módulos da orientación investigadora, a materia prácticas académicas e a modalidade académica do traballo de fin de máster.

Especialidades:

– Estrutura e reactividade química.

– Química sintética.

– Química biolóxica.

– Nanoquímica e novos materiais.

– Técnicas analíticas avanzadas.

Para obter unha especialidade deste itinerario o alumno deberá cursar tres materias do módulo correspondente.

Orientación profesionalizante.

Para seguir esta orientación o alumno deberá cursar 18 créditos do módulo de química e economía industrial, e as dúas materias do módulo de iniciación á práctica profesional. Ademais, realizará o traballo de fin de máster nunha empresa.

Especialidade:

– Química e economía industrial.

Os alumnos poden cursar o máster sen ningunha especialidade.