Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49868

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 23 de marzo de 2015.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio
pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 4312424

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

27

Optativas

24

Traballo de fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Instrumentos de Xestión de Terras

Obrigatoria

6

Políticas e instrumentos

Economía Ambiental

Obrigatoria

3

Políticas de Desenvolvemento Rural

Obrigatoria

4,5

Ordenación do Territorio para o Desenvolvemento Sustentable

Obrigatoria

6

Planificación e xestión

Planificación Urbana

Optativa

3

Planificación dos Recursos Naturais e da Paisaxe

Optativa

3

Xestión de Riscos Naturais e Antrópicos

Optativa

3

Planificación Estratéxica

Optativa

3

Avaliación de Plans, Programas e Proxectos

Optativa

3

Negociación e Resolución de Conflitos

Optativa

3

Técnicas de Análise Cuantitativas e Cualitativas

Obrigatoria

3

Técnicas de análise e xestión

Análise Espacial e Territorial

Obrigatoria

4,5

Valoración de Terras

Optativa

3

Introdución ao Proceso de Investigación

Optativa

3

Técnicas de Captura de Información Espacial

Optativa

3

Aplicacións SIX Avanzadas

Optativa

3

Xeomática

Optativa

3

Prácticas externas

Optativa

6

Prácticas externas

Traballo de fin de máster

Obrigatoria

9

Traballo de fin de máster