Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49866

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Investigación Biomédica (3ª edición).

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 24 de marzo de 2017.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Investigación Biomédica (3ª edición) pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster Universitario en Investigación Biomédica
pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 4311770

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

15

Traballo de fin de máster

24

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Métodos Experimentais

Obrigatoria

6

Materias obrigatorias

Bioloxía Molecular

Obrigatoria

3

Bioloxía Celular

Obrigatoria

3

Bioinformática

Obrigatoria

3

Estatística para Biomedicina

Obrigatoria

3

Bioética e Lexislación

Obrigatoria

3

Proteómica e Estrutura de Proteínas

Optativa

3

Materias optativas 1º semestre

Xenética de Poboacións en Biomedicina

Optativa

3

Bioloxía de Sistemas

Optativa

3

Animais de Experimentación

Optativa

3

Xenética Forense

Optativa

3

Neuroendocrinoloxía

Optativa

3

Bioloxía do Desenvolvemento

Optativa

3

Inmunoloxía: Investigación Básica e Traslacional

Optativa

3

Xenómica e Enfermidades Xenéticas

Optativa

6

Materias optativas 2º semestre

Bases Biolóxicas do Cancro

Optativa

6

Homeostase Enerxética e Nutrición

Optativa

6

Enfermidades Endócrinas

Optativa

6

Validación de Dianas e Descubrimento Preclínico de Fármacos

Optativa

6

Traballo de fin de máster

Obrigatoria

24

Traballo de fin de máster