Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49878

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (823/2015).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Cazcarra Cosmetics, S.L. fronte a Nails and Hair Styles, S.L. e Manuel Jesús González Villar ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Estévez Pérez

Lugar: Ourense

Data: vinte e seis de xullo de dous mil dezaseis

Demandante: Cazcarra Cosmetics, S.L.

Avogada: María Alonso Suárez

Procurador: Camilo Enríquez Naharro

Demandados: Nails and Hair Styles, S.L., Manuel Jesús González Villar

Procedemento: procedemento ordinario 823/2015.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no procedemento civil ordinario 823/2015, no cal é parte demandante Cazcarra Cosmetics, S.L., representada polo procurador Sr. Enríquez Naharro e asistencia da letrada Sra. Alonso Suárez, fronte a Nails and Hair Styles, S.L. e Manuel Jesús González Villar, ambos os dous en situación procesual de rebeldía ao non comparecer a xuízo, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Decisión

Que estimo a demanda presentada por Cazcarra Cosmetics, S.L., representada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, fronte a Nails and Hair Style, S.L., Manuel Jesús González Villar e, na dita razón, condénase esta última a que, en forma solidaria, lle aboe á demandante a cantidade de 6.540,08 €, máis os xuros do modo xa indicado.

En canto a custas obsérvese o acordado igualmente na epígrafe correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, nos termos previstos na LAC na súa redacción.

E encontrándose os ditos demandados, Nails and Hair Style, S.L.e Manuel Jesús González Villar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza