Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 349/2014).

Seguridade social (SSS) 349/2014

Demandante: Sergio José Barreiro Pires

Avogado: Manuel López Núñez

Demandados: APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado: (…), letrado do Servizo Público de Emprego Estatal

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 349/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires contra a empresa APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Dispoño ter por desistido a Sergio José Barreiro Pires da súa demanda de seguridade social fronte a APV Motor, S.A. e fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e, en consecuencia, decrétase o sobresemento e arquivamento das actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza