Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (87/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 87/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Mejuto Aldrey contra Iberia L.A.E., S.A. Operadora Unipersonal, Logistair Logística y Servicios, S.L. e AGA, Airlines Ground Assistance, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Considérase Susana Mejuto Aldrey desistida da demanda que deu lugar á incoación do presente procedemento número 87/2014 respecto das codemandadas AGA, Airlines Ground Assistance, S.L. e Logistair Logística y Servicios, S.L., continuando este respecto de Iberia L.A.E., S.A. Operadora Unipersonal.

Contra a presente resolución cabe recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Logistair Logística y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza