Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (996/2014).

Procedemento ordinario (PO) 996/2014

Procedemento de orixe: seguridade social 996/2014

Sobre: seguridade social

Demandante: José Feliciano Cajide Abonjo

Avogado: Manuel Ferreiro Casal

Demandados: Construcciones Paraño, S.A., Necso Entrecanales Cubiertas, S.A., Industrias González, S.L., HDI Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., UTE Cidade da Cultura, Allianz Seguros, S.A.

Avogados: (…), José Francisco Freire Amador, José Manuel Mosquera Sante, Víctor Agustín Lucas Olmedo, José Francisco Freire Amador

Procuradores: (…), (…), (…), (…), (…), Ángeles Regueiro Muñoz

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 996/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Feliciano Cajide Abonjo contra Construccions Paraño, S.A., Necso Entrecanales Cubiertas, S.A., Industrias González, S.L., HDI Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., UTE Cidade da Cultura, Allianz Seguros, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Antecedentes de feito:

Único. A parte demandante e a demandada UTE Cidade da Cultura solicitaron a rectificación de erro material ou aritmético, a primeira, e emenda de omisión, a segunda, en que se incorreu na redacción do fundamento de dereito oitavo e decisión da sentenza número 368/2017 ditada nestes autos.

Fundamentos de dereito:

Único. O artigo 214 da LAC, ao regular o principio de invariabilidade das resolucións xudiciais, establece no seu punto terceiro que “Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións dos tribunais e secretarios xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Pola súa vez, o artigo 215 da LAC, baixo a rúbrica de Emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, establece que:

“1. As omisións ou defectos que puideren ter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente para efecto as ditas resolucións poderán ser emendados, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior”.

Tal como se desprende do fundamento de dereito sexto e conforme o principio dispositivo e de rogación de parte, debe accederse á petición de aclaración da demandante, ao tempo que, de conformidade co razoado no fundamento de dereito cuarto acerca da responsabilidade solidaria da UTE, debe emendarse a decisión da sentenza incluíndo a referencia a tal entidade como parte condenada, aínda cando se entenda equivalente a condena dos compoñentes da UTE á desta mesma.

Polo exposto,

Parte dispositiva

Rectifícase o fundamento de dereito oitavo de modo que onde di: “a cantidade de 15.168,67 euros”, debe dicir: “a cantidade de 17.786,61 euros”, e aclara a decisión da sentenza no sentido de que a condena solidaria se estende á UTE Cidade da Cultura; no demais a resolución ditada deberá permanecer inalterada.

Notifíqueselles ás partes esta resolución, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Industrias González, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza