Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 68/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 68/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Maneiro Romero contra a empresa Nova Albariza, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María del Carmen Maneiro Romero contra Nova Albariza, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 4.873,36 euros líquidos polos conceptos desagregados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza