Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Medios (Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios).

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios.

2º. Enderezo: San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 12 91.

5º. Fax: 981 54 12 89.

6º. Enderezo electrónico: contratacion-medios.presidencia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208283

8º. Data límite de obtención de documentos e de información: ata o último día de presentación das propostas.

d) Número de expediente: PA 1/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

c) Prazo de execución: 314 días.

d) Admisión de prórroga: si, por un máximo de 167 días.

e) CPV-2008 (referencia de nomenclatura): 71316000-6 servizos de consultoría en telecomunicacións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 196.036,36 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 127.973,84 euros. Importe total: 154.848,35 euros.

6. Garantías exixibles:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si, o 5 % do importe de adxudicación, sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non exixible.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo, data límite e lugar de presentación de propostas:

a) Prazo: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día correspondente.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral Único do Complexo Administrativo de San Caetano. Cando a proposta se envíe por correo cumprirase co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo, San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas:

Descrición: publicaranse no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade:

Os gastos de publicación do anuncio de licitación serán por conta do adxudicatario do contrato.

11. Outra información: documentación que deberán presentar os licitadores; a exixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios