Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48990

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (960/2015).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, fago saber, que no mazo de sentenzas deste xulgado figura a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Sentenza.

Ourense, 24 de marzo de 2017.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados co número 960/2015, seguidos por iniciativa de Astilleros Facho, S.L. que actúa representada pola procuradora María José Conde González e defendida polo letrado Juan Lago Franco contra Univerbody, S.L., en situación de rebeldía procesual. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora María José Conde González, en representación de Astilleros Facho, S.L., contra Univerbody, S.L., condeno a devandita demandada a aboar á demandante a cantidade de 9.245,67 € en concepto de principal e en concepto de indemnización por mora o xuro legal do diñeiro da citada cantidade desde a data da demanda até a data da sentenza, a partir da cal o tipo de xuro será o previsto no artigo 576 da LAC.

As custas impóñense á demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que non é firme. Contra esta sentenza pódese interpor recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma indicada no artigo 458 da LAC. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpolo non acredita documentalmente ter constituído o depósito que para recorrer exixe a LOPX, así como ter liquidado a taxa xudicial creada por Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 en relación co 497.2 da LAC, para que sirva de notificación a Univerbody Cosméticos, S.L., expido este edicto.

Ourense, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza