Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48992

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (ETX 69/2017).

Eu, Miguel Gendra Rey, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que se ditaron nos autos de execución de título xudicial 69/2017, promovidos por Carmen Dios Romero, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Rafael Vede, contra Sabino Dios Buela, en situación de rebeldía procesual:

– Auto do 14 de xullo de 2017, por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón. Contra a devandita resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do cal o executado poida oporse á execución despachada no prazo dos 10 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

– Decreto do 14 de xullo de 2017, por Miguel Gendra Rey, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón. Contra a devandita resolución cabe recurso de revisión no prazo de 5 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante o presente edicto notifícase a Sabino Dios Buela, en paradoiro descoñecido, a quen así mesmo se lle fai saber que poderá ter coñecemento íntegro das mencionadas resolucións mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 20 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza