Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (391/2011).

Cédula de notificación.

Eu, Olalla Soengas Varela, secretaria titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no procedemento de familia FO2 391/2011 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vilagarcía de Arousa o 21 de setembro de 2017.

Vistos por Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido xudicial, os autos número 391/2011 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Encarnación Fernández Sánchez, en nome e representación de Mirna Elisabeth Portillo Gallegos, e defendida pola letrada María Luz García Vigo, fronte a Leonardo Alexi Fernández García, que foi declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Encarnación Fernández Sánchez, en nome e representación de Mirna Elisabeth Portillo Gallegos, fronte a Leonardo Alexi Fernández García, acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor Jason Leonardo, así como a súa pensión de alimentos:

1º. A titularidade da patria potestade será compartida entre ambos os proxenitores, pero o exercicio da patria potestade de Jason Alejandro correspóndelle só á súa nai Mirna Elisabeth Portillo Gallegos.

2º. Atribúese a garda e custodia do menor Jason Alejadro a Mirna Elisabeth Portillo Gallegos.

3º. Non se impón réxime de visitas, atendidas as especiais circunstancias deste caso, en que os proxenitores residen en continentes diferentes, e nos últimos dous anos non foi posible localizar o pai, sen prexuízo de que sexa o pai quen inste unha modificación de medidas se quere continuar o réxime de visitas co seu fillo menor Jason Alejandro.

4º. En concepto de alimentos a favor dos seus dous fillos establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a nai, a suma total de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa.

Así mesmo, o pai e a nai contribuirán nun 50 % aos gastos extraordinarios que se xeren na vida do menor, diferenciando neste caso entre os necesarios (médicos non cubertos pola Seguridade Social, medicamentos non cubertos, aparatos, lentes...), cuxo aboamento será sen necesidade de autorización previa dada a natureza destes, e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio...), que requirirán o previo consentimento de ambos os proxenitores para seren cubertos, salvo que exista unha urxencia, caso en que deberán poñelos en coñecemento do outro proxenitor inmediatamente.

Non procede impoñer ao demandado cargas de matrimonio.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que fronte a ela poderá formularse impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC).

O recurso interpoñerase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basea a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 da LAC).

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño abondo en autos.

Así o acorda, manda e asina, Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Leonardo Alexi Fernández García, expido e libro o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza