Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (503/2017).

DSP despedimento/cesamento en xeral 503/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Andrea González Fleitas

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Juan Liste Brañas, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 503/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Andrea González Fleitas contra a empresa Juan Liste Brañas e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Juan Liste Brañas, con intervención procesual do Fogasa e en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento da parte demandante e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral a data desta resolución, condenando a demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 2.603,84 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza