Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2017 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado número 195/2017, interposto polo Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia e José Manuel Portela Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña tramítase o recurso contencioso-administrativo P.A. número 195/2017, interposto polo Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia e José Manuel Portela Fernández fronte á Resolución do 3 de xullo de 2017 pola que se rexeitan os recursos de reposición formulados fronte á Resolución do 3 de abril de 2017 (modificación do anexo I que inclúa as prazas vacantes das áreas e unidades do Servizo Común de Informática).

Notifícase isto para o coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña como demandadas, no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de outubro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña