Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de exposición pública de subscrición de convenios urbanísticos.

O Concello de Lalín vén de subscribir once convenios urbanísticos para a execución do planeamento para a obtención anticipada de terreos dotacionais necesarios para a construción dunha rotonda na intersección da avenida Xosé Cuíña e a avenida Monserrat, localizados dentro do ámbito do Plan parcial SUE-3 «Circunvalación» do PXOM de Lalín.

De acordo co disposto nos artigos 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, os convenios sométense a exposición pública polo período dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os convenios poden ser consultados no enderezo web http://lalin.gal/convenios.

Lalín, 22 de setembro de 2017

Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde