Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48930

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de axuda no fogar.

Datos xerais para a obtención da información: Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes, rúa Xoxardo, s/n, 15680 Ordes, teléfono: 981 68 00 02, fax: 981 68 22 21, correo: mancomunidadeordes@ordes.gal, enderezo da internet do perfil do contratante: www.mancomunidadeordes.gal

Data límite de obtención de documentos e información: 14.30 horas do día anterior a que remate o prazo para presentar as proposicións.

Contrato de servizos, categoría 25 do anexo II do TRLCSP: servizo de axuda no fogar na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes (concellos de Frades e Ordes).

Prazo de execución: 4 anos desde o 1 de xaneiro de 2018. Prórroga: 2 anos. CPV: 85312000-9.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Criterios de adxudicación: multiplicidade de criterios de valoración, contidos na cláusula 18ª do prego de cláusulas administrativas.

Valor estimado do contrato: 5.058.060 euros.

Orzamento base de licitación: establécese sobre o importe do prezo/hora, con independencia de que se trate de persoas usuarias de libre concorrencia ou do servizo de dependencia, de luns a domingos e festivos: 14 euros por hora de servizo sen IVE incluído.

Garantías exixidas: provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

Clasificación: non se exixe.

Habilitación empresarial, solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida na cláusula 9ª do PCAP.

Outros requisitos específicos: as entidades licitadoras deberán acreditar que están debidamente autorizadas para desenvolver o servizo de axuda no fogar.

Data límite de presentación das ofertas: 15 de novembro de 2017 ás 14.30 horas.

Documentación que deben presentar: a sinalada nos PCAP e PPT.

Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante o lugar, a data e a hora de apertura de ofertas.

Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 3.500 euros.

Outras informacións: Secretaría, Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes, teléfono: 981 68 00 02, extensión 7 e perfil do contratante.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas poderán obterse no perfil do contratante.

Ordes, 28 de setembro de 2017

Roberto Rey Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes