Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e con tramitación ordinaria, da subministración, posta en marcha e instalación de puntos de información multimedia e de pantallas de visualización para a implantación dun sistema multimedia de carteis electrónicos e de xestión de quendas e esperas (expediente AB-SER2-17-012) (lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos, Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER2-17-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, posta en marcha e instalación de puntos de información multimedia e de pantallas de visualización para a implantación dun sistema multimedia de carteis electrónicos e de xestión de quendas e esperas en centros do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: diversos centros do Servizo Galego de Saúde.

e) Prazo máximo de entrega: 1 ano desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 709.020 €.

5. Orzamento base de licitación.

Ano 2017:

Orzamento sen IVE: 495.450 €.

Orzamento con IVE: 599.494,50 €.

Ano 2018:

Orzamento sen IVE: 49.950 €.

Orzamento con IVE: 60.439,50 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.11.2017.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda a información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.9.2017.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos