Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de varios sistemas do ámbito educativo da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0027).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de varios sistemas do ámbito educativo da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 17.4.2017.

DOUE: 12.4.2017.

BOE: 24.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 3.930.247,93 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 2.183.471,07 €, máis 458.528,93 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.642.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 4.10.2017.

c) Contratista: UTE Indra Sistemas-Altia Consultores.

d) Importe de adxudicación: 2.634.170,02 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia