1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento microinformático para alumnado e profesorado, nos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participantes no proxecto de educación dixital (Proxecto Abalar - EDIXGAL).
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 2.6.2017.
DOUE: 2.6.2017.
BOE: 5.6.2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado do acordo marco é de 11.100.000,00 € (once millóns cen mil euros) (sen IVE) (calculado tendo en conta o conxunto de contratos recollidos durante a duración total do acordo, segundo o previsto no artigo 88.8 do TRLSCP). O valor estimado por lotes é o seguinte:
Lote 1: ordenadores ultraportátiles. Valor estimado: 9.900.000,00 €.
Lote 2: ordenadores portátiles. Valor estimado: 1.200.000,00 €.
5. Formalización do acordo marco:
Lote 1:
Data de adxudicación: 5.9.2017.
Data de formalización do acordo marco: 28.9.2017.
Contratista: Sivsa Soluciones Informáticas, S.A.U.
Importe de adxudicación do acordo marco. Importe unitario de 385,64 € (máis IVE).
Lote 2:
Data de adxudicación: 5.9.2017.
Data de formalización do acordo marco: 28.9.2017.
Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.
Importe de adxudicación do acordo marco. Importe unitario de 472,25 € (máis IVE).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia