Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48815

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1584/2017-RMR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1584/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 245/2015 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Sonsoles María Sueiro Lemus

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Antonio Albarracín López

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que, estimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en xuízo instado pola recorrente contra Antonio Albarracín López, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala a revoga e, estimando a demanda, condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social a reintegrar á Mutua a cantidade de 35.194,95 € máis os xuros legais que legalmente procedan.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio Albarracín López, en ignorado paradoiro, con último domicilio en Andalucía, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza