Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48817

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (29/2017).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente edicto anuncia que no procedemento ordinario número 29/2017 seguido por instancia de Comercial Rafael, S.L., representada pola procuradora Marta Ortiz Fuentes, fronte a Logística Nusa, S.L., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 29 do ano 2017, por instancia da procuradora Sra. Ortiz Fuentes, en nome e representación de Comercial Rafael, S.L., e asistida polo letrado Sr. Gundín Fernández, en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Varela Pintos, e como demandada Logística Nusa, S.L., en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar a demanda interposta pola Sra. Ortiz Fuentes, en nome e representación de Comercial Rafael, S.L., e asistida polo letrado Sr. Gundín Fernández, en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Varela Pintos, e como demandada Logística Nusa, S.L., en situación de rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 9.993,44 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico terceiro in fine, e custas procesuais. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Logística Nusa, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta, con indicación de que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

Ourense, 26 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza