Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48648

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de notificación de sentenza (455/2015).

F02 familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 455/2015.

Procedemento de orixe: /

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Begoña Gandón Varela

Procuradora: Sofía Doldán de Cáceres

Demandado: Ministerio Fiscal e José Antonio Álvarez Búa

No procedemento de referencia foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 10 de maio de 2017

Vistos por Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido xudicial os autos número 445/2017 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sofía Doldán de Cáceres, en nome e representación de Begoña Gandón Varela, defendida polo letrado Francisco Iglesias Canitrot, contra José Antonio Álvarez Búa, que foi declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando a demanda, presentada pola procuradora Sofía Doldán de Cáceres, en nome e representación de Begoña Gandón Varela contra José Antonio Álvarez Búa, acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor Iker Álvarez Gandón, así como a súa pensión de alimentos:

1º. A titularidade e exercicio da patria potestade será compartida entre ambos os proxenitores.

Este exercicio conxunto supón que as decisións importantes relativas aos menores serán adoptadas por ambos os proxenitores de mutuo acordo e, en caso de discrepancia, resolverase polo artigo 156 do CC. Deben comunicarse todo aquilo que, dado o interese prioritario, deban coñecer os pais. A título indicativo son decisións incluídas na patria potestade o cambio de domicilio dos menores fóra do municipio de residencia habitual e traslado ao estranxeiro; elección inicial ou cambio de centro escolar; as actividades extraescolares ou complementarias; celebracións sociais e relixiosas de relevancia; actos médicos non urxentes que supoñan intervención cirúrxica ou tratamento médico non habitual, tanto se entraña gasto como se está cuberto por algún seguro. O proxenitor que nese momento se encontre en compañía do fillo poderá adoptar decisións respecto a este sen consulta previa nos casos en que exista unha situación de urxencia ou naquelas decisións diarias, pouco transcendentes ou rutineiras que no normal transcorrer da vida dun menor poidan producirse.

2º. Atribúese a garda e custodia do menor ao seu pai José Antonio Álvarez Búa.

3º. Begoña Gandón Varela poderá exercer o seu dereito de visitas e, dada a especial situación en que se encontra a súa nai, internada no Centro Penitenciario da Lama, imposibilita a súa saída ao exterior, pero existe a posibilidade de que poida cumprir co réxime de visitas, logo de traslado do menor polo seu pai ao Centro Alumiño (Pontevedra) e logo de traslado de Begoña Gandón Varela polo centro penitenciario. Fíxase que o Centro Alumiño estableza unha vez á semana un día para que se cumpra o réxime de visitas, logo de comunicación do día e hora a José Antonio Álvarez Búa para que traslade o menor, e logo de comunicación do día e hora ao Centro Penitenciario da Lama para que traslade Begoña Gandón Varela. Todo isto, sen prexuízo de que, unha vez que Begoña Gandón Varela goce de liberdade, poida solicitarse modificación de medidas definitivas.

4º. Suspéndese a obriga de prestar pensión de alimentos por Begoña Gandón Varela ao encontrarse internada no Centro Penitenciario da Lama privada de liberdade. Todo isto, sen prexuízo de que, unha vez que Begoña Gandón Varela goce de liberdade, poida solicitarse modificación de medidas definitivas.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Contra a anterior sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpoñer no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación, mediante escrito ante este xulgado en que o apelante expoña as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O recurso non suspenderá a eficacia das medidas que se acordaron e, se a impugnación afecta unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a disolución do vínculo conxugal. Para interpor o recurso será necesaria a constitución dun depósito de 50 euros, requisito sen o cal non será admitido a trámite. A consignación deberá ser acreditada ao interpor o recurso (disposición adicional 15ª da LOPX).

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina, Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio Álvarez Búa, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza