Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48646

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (58/2012).

Eu, Francisco Javier Crespo Martín, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Finanzia Banco de Crédito, S.A. contra Juan Carlos Pérez Suárez e Activo Comunicaciones Integrales Marítimas, S.L. ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

En Ourense, o 27 de xuño de 2012.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo ordinario 58/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da compañía Finanzia Banco de Crédito, S.A., representada pola procuradora Sra. Enríquez Martínez, asistida polo letrado Sr. Baltar Pombo, contra a entidade Activo Comunicaciones Integrales Marítimas Automatismos y Telecomunicaciones, S.L. e Juan Carlos Pérez Suárez, ambos en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvo que, estimando a demanda formulada pola representación da compañía Finanzia Banco de Crédito, S.A. contra a entidade Activo Comunicaciones Integrales Marítimas Automatismos y Telecomunicaciones, S.L. e Juan Carlos Pérez Suárez, debo condenar e condeno os demandados a aboarlle á demandante a cantidade de cincuenta e cinco mil cincocentos vinte euros e trinta e dous céntimos máis os xuros devindicados pola dita cantidade calculados ao tipo pactado no contrato, e impóñolles expresamente o pagamento das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista no artigo 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

Ao encontrarse os ditos demandados, Juan Carlos Pérez Suárez e Activo Comunicaciones Integrales Marítimas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 1 de xuño de 2016

O secretario xudicial