Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social RL 2017/0158-4 e un máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2017/0158-4.

Acta: I362017000035255.

Empresa: Luis Álvarez Carrera.

NIF: 35576428M.

Enderezo: avenida Florida, 42, Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigos 13 e 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do Sistema de inspección de traballo e Seguridade Social, en relación co artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13.9.2017.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2017/0170-4.

Acta: I362017000027777.

Empresa: Albar Fiber Óptica, S.L.

NIF: B94110640.

Enderezo: avenida Principal, 2, baixo, Poio.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigo 3 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13.9.2017.

Resolución: multa de 2.046 €.

Vigo, 5 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra