Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2011/0205-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Expediente: RL 2011/0205-4.

Acta: I362011000055694.

Empresa: Urbegal Regueira, S.L.

NIF: B-94025178.

Enderezo: r/ Victoriano Pérez Vidal, 27; Salceda de Caselas.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, artigos 14.1 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e anexo IV, parte C, punto 3.a) e b) en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 39.6 e 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 6.9.2017.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción núm. I362011000055694 e proceder ao arquivamento do expediente.

Vigo, 5 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra