Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0091-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, as copias da sentenza e do auto aclaratorio ditados polo Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaídos no procedemento número 116/2017, polo accidente laboral do traballador Fernando Mollinedo Martos.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (15.2.208).

• Escrito de alegacións (29.2.2008).

• Copias da sentenza xudicial e do auto aclaratorio.

Expediente: RL 2008/0091-4.

Acta núm. I362008000004635.

Empresa: José Lantero e Hijos, S.A.

NIF: A81907677.

Enderezo: Rosalía de Castro, 70, Vilagarcía de Arousa.

Vigo, 5 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra