Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se convoca a contratación, por procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual na provincia da Coruña, tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 53/2017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 53/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual na provincia da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: centros de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual na provincia da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2018.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: dous millóns douscentos dezaseis mil vinte e cinco euros (2.216.025 €).

5. Orzamento:

Orzamento base de licitación: trescentos sesenta e cinco mil oitocentos vinte euros (365.820 €), ao que se lle engaden catorce mil seiscentos trinta e dous euros con oitenta céntimos (14.632,80 €) que corresponden ao IVE (4 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de trescentos oitenta mil catrocentos cincuenta e dous euros con oitenta céntimos (380.452,80 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver a cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=206488

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social