Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2017 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, da subministración de material da aula CNC taller mecánica do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (expediente 2017_025_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26, 981 54 55 22 ou 981 54 55 23.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_025_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de máquinas de ferramentas de arranque de labra de control numérico (CNC) para o Centro de Formación Ocupacional de Ferrol, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, nas instalacións do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 42621100-6 Torno CNC, 42000000-6 Maquinaria industrial, 42612000-9: Centro mecanizado.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula M da folla de especificacións do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: noventa e nove mil seiscentos trinta e un euros con corenta céntimos (99.631,40 €), IVE incluído.

5. Valor estimado do contrato: oitenta e dous mil trescentos corenta euros (82.340 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver as cláusulas I e J da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=201944

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria