Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48484

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (131/2017).

Procedimiento ordinario 56/2016-A

Sobre: outras materias

No procedemento de referencia ditouse sentenza de data 1 de xuño de 2017, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentenza 131/2017.

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 1 de xuño de 2017.

Demandantes: Almudena Iglesias Rodríguez, Jacobo Varela Vázquez.

Avogada: Cristina Comesaña Álvarez.

Procuradora: María Nieves Fuertes Ugidos.

Demandada: Promociones Inmobiliarias Carrera 2006, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 56/2016.

Decisión.

Que estimando a demanda promovida pola procuradora Nieves Fortes Ugidos, en nome e representación de Jacobo Varela Vázquez e Almudena Iglesias Rodríguez fronte á mercantil Promociones Inmobiliarias Carrera 2006, S.L., debo condenar e condeno a esta a aboarlles a cantidade de 95.485 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente ES5500493569920005001274, con indicación no campo “concepto” de “Recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación“.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación, neste caso, no campo observacións da data da resolución contra a que se recorre co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Inmobiliarias Carrera 2006, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza